1º PREMIOS NOVO CIRCO GALEGO MANU LAGO 2024
A APCG inaugura a primeira edición dos Premios de Novo Circo Galego Manu Lago, uns premios que promocionan a calidade e o talento das artistas e compañías galegas de circo e que recoñecen o esforzo das súas profesionais.
Os Premios Manu Lago serven tamén para honrar a memoria dun dos artistas galegos que máis fixo pola consolidación Novo Circo no noso país, o pallaso e malabarista Manuel Lago García, tristemente falecido en 2018.
OS PREMIADOS NESTA PRIMEIRA EDICIÓN FORON:
COLABORA:
CATEGORÍAS:
Nesta primeira edición de 2024 recoñécense as tres seguintes categorías:
• Manu ao Mellor Espectáculo de Rúa:
Outorgado ao mellor espectáculo de novo circo de rúa.
FINALISTAS:
-
HOXE SÍ, de Marta Sempre Arriba
-
A VIDA TOLA, de Natalia Outeiro "Pajarito"
-
CIRCANELO, de n+1 (Alfredo Pérez Muíño)
• Manu ao Mellor Espectáculo de Sala
Outorgado ao mellor espectáculo de novo circo de sala.
FINALISTAS:
-
ORQUESTRA DE MALABARES, de Pista Catro
-
SÓ, de Xampatito Pato (Xampi)
-
SOLO, de Roi Borrallas
• Manu de Recoñecemento do Novo Circo Galego:
Outorgado a algunha artista, compañía, entidade ou persoa para recoñecer a súa labor na visibilización, promoción e difusión do NCG.
FINALISTAS:
-
ASOCIACIÓN CIRCO NOVE
-
PISTA CATRO SL
-
ASOCIACIÓN MANICÓMICOS
GALARDÓNS
Os Manus son estatuíñas que lembran a figura do artista de circo Manuel Lago, realizadas pola artista plástica Raquel Germade, coas que serán premiadas os tres gañadores de cada unha das categorías. Todas as finalistas recibirán un diploma acreditativo firmado pola directiva da APCG.
GALA CIRCO DE INVERNO
A entrega de premios realizarase nunha gala denominada Circo de Inverno, un evento no que se contratará a un equipo de direción artística e de produción, así como a un elenco de artistas, para realizar un espectáculo creado específicamente para a ocasión, e no que se fará entrega dos devanditos premios.
CANDO? >> Martes10 de decembro de 2024
ONDE? >> Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Entrada gratuíta ata completar aforo.